O Observatorio Galego da Sociedade da Información é o instrumento de referencia na obtención e análise de información sobre o grao e tendencias de desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia.
Esta iniciativa é unha das actuacións estratéxicas contempladas no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI), en concreto, na liña de actuación INSTR-LA2-Instrumentos para o desenvolvemento das políticas da SI.
Os principais obxectivos do Observatorio son:
- Dispoñer dun conxunto de indicadores que permitan monitorizar a evolución da Sociedade da Información.
- Realizar estudos para o seguimento e a innovación das políticas desenvoltas en materia de Sociedade da Información.
- Difundir e facilitar, co máximo nivel de detalle, a información sobre o desenvolvemento da SI ao conxunto da sociedade galega.
- Facilitar informes específicos baixo demanda, fundamentalmente aqueles solicitados polas asociacións empresariais e profesionais.
- Promover a colaboración e cooperación con outros observatorios estatais, autonómicos e europeos para contrastar indicadores, compartir boas prácticas e establecer sinerxias de actuación.
Resumo de actividades realizado co gallo do 2º aniversario do Observatorio